O zorcio

Recentemente tiven unha conversa co meu carniceiro de cabeceira na cal me ilustrou sobre as características que debe ter unha zorza reglamentaria, ó tempo que poñía a parir a que se vende nos supermercados, que dito sexa de paso, é a que consume case todo o mundo cando a pide nun bar ou lla poñen de tapa . Con este bagaxe, onte ía falando cuns colegas (O Carlos, Goio e Rubens) da zorza da Xunta, á que descalifiquei por artificial e polo seu carácter radioactivo . Nese momento o Rubens preguntoume qué como se medía enton iso de que unha zorza fose boa ou mala, e entón repliquei: pois en zorcios!!

Así, en cuestión de segundos sentamos as bases dun novo sistema de medida . O patrón do zorcio é un plato de zorza non industrial obtida de xeito clandestino do meu carniceiro e que foi consumido por min hai cousa dun mes . Deste patrón queda constancia fotográfica, e tomámolo como medida universal . A modo orientativo presento este cadro de valores:

– Zorza de supermercado: Entre vinte e cincuenta zorcios baixo cero

– Zorza de carniceiro de confianza: De dez a vinte zorcios

– Zorza feita na casa con adobo natural: Máis de trinta zorcios . Os actuais aparatos de medida non rexistran valores superiores a cincuenta zorcios

Non se deixen enganar, amigos!! Consulten o estándar da AAZ (Axencia para a Autenticidade da Zorza) en caso de dúbida

¡Ay!, que mi niño no me come …

¡ E que non teño fame, que sempre me fas o mesmo !, – Vicio carallo !!, é o que tes.. cando eramos pequenos andábamos descalsos polos toxos e …

Bueno.. a parte desta parodia, para os que temos nenos, un recurso na rede que está moi interesante: Pequerecetas.com. Noraboa ás/ós autoras/es.

Ala, xa se quedaron sin excusa, a ver que dín agora :D.

Apertas.

Bo Nadal – Feliz Navidad

Si recibiches un correo que te redirixíu aquí, si chegaches ó blog e descubriches que me esquecín de tí (perdóame), si pasas de casualidade e atopaches esta mensaxe, sexa cal sexa a situación, só quero desexarche:

Felicísimo Nadal para tí e os teus, querido/a amigo/a.

Que Deus colme de bendicións á túa familia e teñades un ano 2010 cheo de paz e amor.

Que os teus soños para o 2010, sexan os teus recordos no 2011.


Unha gran aperta.
David.

En castellano:

Si has recibido un correo que te redirigió aquí, si has llegado al blog y  has  descubierto  que me olvidé de tí (perdóname), si pasas de casualidad y te encuentras  este mensaje, sea cual sea la situación, sólo quiero desearte:

Felicísima Navidad para tí y los tuyos, querido/a amigo/a.

Que Dios colme de bendiciones a tu familia y tengais un año 2010 lleno de paz y amor.

Que tus sueños para el 2010, sean tus recuerdos en el 2011.

Un gran abrazo.
David.