Soneto de benvida

Ahora que arranca este blog criminal
quero dicirvos, a vós mozos do siega
que con gran esforzo e moita entrega
imos facerlle unha páxina sen igual

Non as outras paxinas non estan mal
pero pareceme que so con elas non chega
fai falla un ruiseñor entre tanta pega
un de soutomaior non do caramiñal.

Nos queremoslle ben o do estupidiario
e temoslle estima o blogueiro anarquista
pero aqui non temo-lo mesmo temario

nin pretendemos outra nova reconquista
so atopar como facervos rir a diario
e penso que neso xa temos algunha pista.

Soneto ó cavador

Esta é a miña primeira poesía, ten un aire as cantigas de amigo, se vos emociona lela non reprimades os vosos comentarios. Fixena con moito amor.

Oh cavador, o meu mellor cavador
que as man ten de callos cheas
ven o meu carón ainda que non seas
o mais galante e amado señor.

¡Que cedo te ergues todolos dias!
cando ainda estou cos pes quentes
ti xa estas co sacho a rentes,
volve praco e escoita estas poesías

o meu amor por ti e desaforado
ainda que non seas moi guapo
e non teñas mais que un arado.

Non vistes mais que un farrapo
pero levalo tan ben colocado
que posto en ti non parece un harapo.

gotAPI

Tras o descanso correspondente ó período navideño, volvo da man dese traficante de enlaces interesantes, o Sr. Dabarca.
Pois sí, neste caso trátase dunha páxina onde ti nunha caixiña vas poñendo a palabra clave da API que queres curiosear
e lévate á definición. Hai de todiño: HTML, Javascript, CSS, Prototype, PHP, .. bueno, xa vedes na páxina principal a oferta completa.

Cantas veces andamos atrás da definición de form ou de getElementById ou da pedra de afiar macho.. e ala .. a buscar en manuales por intrené. Pois aquí está, un recuso moi útil, señores: (ir)

Ala, que vos sexa útil e Feliz Ano a todos.

Graciñas, Carlos.

Labradío News: O secuestro dun trator

Hola amigos labregos e gandeiros da vila. Imos inaugura-la sección de noticias de labradío cunha noticia que nos impactou, que nos chegou ó corazón, que nos deixou valdados completos: o secuestro dun trator !!! ¡¡ Mimadriña, como está o mundo!!

O tema é que vimo-la noticia na Voz de Galicia, deste desaprensivo que vai por ahí mangando tratores ós pobres paisanos coma nos. Caginá!!. O titular da noticia dí “Roba un tractor en Samos para salir de copas en Sarria” (ir)

Homeeee, homeeee, eu comprendo que entrar no pueblo cun bó Jon Deerrr, je, je … fai moito coas mozas eh.. que ven que tes capital, que tes polo menos 3 ferrados e vótanse a un, pero homeeeeee, que se pide de prestado oh…

Bueno, sin máis dilación, poñemos aquí unha reproducción da conversa entre as autoridades que atoparon ó maleante e o susodicho:

La Autoridá: alto a la guardia civil!!!
TractoricoMen: ei, ei mimadriña ..!!cajiná .. a benemérita
La Autoridá: oiga uste!!!
TractoricoMen: carallo!! – buenas noches, señores ajentes
La Autoridá: : pareme ahi o trator
TractoricoMen: – díjanme
La Autoridá: buenas noches, me podria enseñar los papeles
TractoricoMen: – el trator, el trator.. pero si esto é un suzuqui descapotable
sin problema.. que quere que lle enseñe ..
TractoricoMen: – a licencia de pesca ou a a cartilla do paro??
La Autoridá: saqueme los papeles ahora mirmiño eh, que me está usté poniendo nervioso
¿tiene por ahí el seguro?
TractoricoMen: – pois case seguro que o teño eh.. sejuro, sejuriño.. ajora donde eeeehh, mimadriña
La Autoridá: póngaseme aquí al lado de la farola, y apágueme el trator
TractoricoMen: – pero vamos a ver.. quítese do medio meu home, que estou aquí maniobrando, a ver si le voy pasar por enriba dun pié
La Autoridá: Anda carallo, ostrucción a la justicia!! Sacaseme del tratorico ajora mirmo eh
¡¡ Contra la paré !!, ¡¡ De espaldas!!
TractoricoMen: – ¡¡¡¡ cheeeeeeee, cheeeee!!! ¡¡ que se confunde eh!! Eu doulle inda que sea o carné do Carrefour, pero iso de espaldas contra a paré.. carallo. Que eu non teño estudios eh, pero …
La Autoridá: le voy a meter un puro criminal !!!
TractoricoMen: eiiiiiiiii, ei, ei, ei, ei.. micajinas carabillas, polo carallo e todo, xa me tiña osté unha cara de visio !!
La Autoridá: ¡¡ A callar!! ¡¡ contra la paré!!
TractoricoMen: eu doulle o carné do carrefour e o seguro da vespa, pero olvídese eh.. que si me forzea vótelle un peido !!
La Autoridá: es usted el condutor habitual del vehiculo?
TractoricoMen: habitual, habitual.. uns días sí e outros non
La Autoridá: bueno, vou comprobar os seus datos no cuartelillo, a ver si tiene multas con el trator
TractoricoMen: ¡¡ Que é un suzuqui home!! ¡¡ O que pasa que o teño tuneado cunha fresadora !!
Tá recien comprado ahí en Samos
La Autoridá: bueno, náda lo vamos a dejar ahí… pero le confisco la cinta de los panchos esa que lleva
TractoricoMen: pois ala, imos tomarlle uns cubatas, que ás 8 teño que ir estercar
La Autoridá: por cierto, ¿e usté de onde é?
TractoricoMen: de Vichocuntín
La Autoridá: ¿como?
TractoricoMen: a capital de Australia
La Autoridá: ahhh.. pois o trator elle de importación entón, ten matrícula de ribeira
TractoricoMen: si, do japón mismo, lindando coa Pobra
La Autoridá: veña, imos ló.

Bufff, está visto, esta noite ó meu Jon Der xa lle ato o can !!! 😉

Animaliiiiiñoooosss: Rubia Galega

Pois si señores como non iamos comeza-la nova sección “Animaliiiiiñoooooss” coa Rubia Galega, eh.
E non me refiro á unha estrella jalisia nin a unha señoriña rubia de Chantada que quite o alento ver pa ela eh juventú, que estades cheos de vicio. Refírome á única, irremplazable, hipersónica e interestelar Vaca Rubia Galega.
mmmmuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuuu!!!!

Orixinarias dos aneis de Saturno, emigraron a Vichocuntín cando se lle acabou a herba nos prados. Sonche xente tranquila e de boa conversación, aínda que pouco variada en temas. Aínda que se integraron fácilmente coa poboación local, manteñen as súas propias costumes (non lles justa o caldo .. ¿podedes cree-lo?). Destacan sobre todo en actividades deportivas, obtendo varias medallas de ouro nas categorías de “salto de valado”, “escornamento de vellas” e “lanzamento de bosteiras”. Entre as súas actividades preferidas están os xogos de azar (en especial o tute), o puenting e a calceta.

Precisamente aquí vos deixo unha foto de Paquito, que anda buscando contrincantes para unha brisca de 7 os venres á noite (ver).
Iso que leva colgado dice él que é a “saqueta dos cartiños”, pero eu por si acaso non doblaría o riñón si se me caíse o as de triunfo.

Aquí vos deixo máis información sobre tan peculiar poboador da nosa terriña:

http://www.acruga.com/index.php?page=RubiaGallega

http://www.feagas.es/asociaciones/vacuno/rubiagallega.htm

Alá.. a monxe-las !!!

P.D.: Abueeeeloo Toneeeechoooo!!! Tarás contento non?? xa che puxen a información que me pidiches da Rubia Galega en intrené carafio. Non te queixes.
Fdo.: Petri

Consultorio Labradío: Feiras de gando

Preguntame o pontés rozamontes polas feiras de gando e a min gustame moito que empezemos por aquí. Todos sabemos da falta que fai ter un bo gando na corte, e do moito que o imos precisar no noso traballo, mailos cartiños que ganaremos vendendo o leite ou algun becerro que vaia dando, pero cuidado, porque comprar unha boa vaca ou unha boa xovenca é jodido, hai que mirarla ben e hai que saber onde mirar, e non se lle pode crer moito o tratante, que nunca quere volver cos animales pra casa.

Bueno, primeiramente antes de ir a feira hai que vestirse en condicions, que é domingo carallo, pero tampouco que nos tomen por ser da capital, que che joden co precio, un ten sempre que parecer que sabe, hasta na roupa, xa falaremos desto outro dia con máis tempo. Pero non é solo ir vestido como corresponde, cando chegues á feira igual, andas amodo, miras ben pros animales e de vez en cando soltas un ¡Baixou a frisona! ou ¡Ainda as cobran ben carallo!

O de escoller ben non che é fácil, é como cando escolle-la muller, tes que mirar que a vas ter na casa moito tempo, e ten que ser boa de aturar. Ten que ter unhas boas ubres, que xe vexa que esta ben mantida e que vai poder tirar ben dun carro cheo de patacas. Se non estás certo palpalle un pouco os tetos e pasalle a man por riba para asegurarse.

Unha vez que xa tes dado unhas cantas voltas a feira e visto cal e a que che enche o ollo hai que empeza-lo trato. Daslle a man o tratante, e dislle algo coma esto:
“Boas, ¿Canto val a xovenca?”,
i el dixache, “A xovenca vale tanto”,
aquí, ainda que non che pareza cara, baixalle o precio, dicindo algo como
“¡Douche tanto e que me leve o demo se che dou máis!” ,
i el solta: “Esta xovenca val mais ca eso”
“¡Pola alma dos meus difuntos que non vale máis!”
e normalmente alguen que esta mirando e o que di “¡Partide a diferencia, ho..!” e bueno, si xa ves que o precio non esta mal soltas un “Bueno…por que o dí este home ¡eh!”
i él dirá ”¡Lévala barata carallo, non te queixes!”
e asi acaba o trato.

O millor é que collas algo de pratica ho, para que non che tomen por inorante porque a primeira vez non é fácil sacar un bo precio, e tes moitas feiras as que podes ir ver. Hai unha boa en Silleda, e tamen en Noia, Santa Comba ou Verín. Pero a que che recomendo e unha que se vai facer o día 10 do mes que ven en Monterroso, unha Poxa de Xovencas Frisonas que ten moi boa pinta. Eu penso estar alí, se che vexo xa lle comeremos un pulpiño. Hasta logo ou.

Cociña: Páxinas Interesantes

-> migrada dende o vello vaitraballar

A vida, non nos enganemos, vese distinta co bandullo cheo. Os disgustos minan o seu, acaban coa moral, está claro. Pero aqueles que non son mortais de todo, lévanse mellor cun bó plato de xamón ou cunha ración de empanada de zamburiñas ó lado, ¿non vos parece?.
Por iso, eu que son amante da boa cociña, no tocante sobre todo a degustala ;-P, vouvos a poñer por aquí uns enlaces a unhas paxinitas moi interesantes que curioseo de cando en vez:

Cocinalia: un blog que a verdade encántame, ten seccións do máis variado.

Colineta: o que pon a súa propia descrición: “Axenda culinaria. Literatura e Gastronomía”.

Diario del Gourmet de Provincias y del Perro Gastrónomo: este está moi ben eh.. a verdade. Trátase dun blog de opión culinaria. Ten unha sección de enlaces a outras páxinas relacionadas có tema, moi completa.

Galicia Gastronómica: esta xa é unha páxina de aspecto profesional eh. Ten un pouquiño de todo, pero bueno, non investiguei demasiado (haberá que insistirlle).

De pinchos: un blog dun cabaleiro que vai de bares por ahí e nos conta que pinchos dan “de gorra”. Moi inxenioso eh.. e ¡moi recomendable caramba!, que se se pode mover o bigote cós viñitos, buff.. pois mellor que mellor ;-P

Saudos.

CMS: WordPress en galego

Isto é o que ten o de falar por falar ves, que vou eu de listo e, na anterior entrada, solto que a ver si pasan o WordPress ó galego e tal e… ¡¡ tachán !! o amigo (que saludo amigablemente dende aquí) ala_747 (pinchando aquí podedes ir á súa web), ponme un comentario abríndome os olliños ;-). Gracias Nicolás… y ya no he escrito en castellano porque si has puesto el comment, vamos.. que el gallego está chupao eh :-).

Pois iso, neste enlace podedes saber máis do WordPress en galego (ir). Agradecidos estamos que a xente promocione esta a nosa lingua, por iso tamén gracias a dorfun.

Saudos

Mundo CMS: WordPress

-> migrada dende o vello vaitraballar

O primeiro é o primeiro: ¿WordPress?¿cualó? .. pois vou poñer definicións de entendidos eh.. non dunha burra coma mín.

wikipedia: WordPress es un sistema de gestión de contenidos enfocado a la creación de weblogs

O site oficial, pero poñendo a definición graciosa eh: WordPress é o que usas cando queres traballar con sofware de blogeo, non queimarte 😉

Pois iso, un CMS orientado a blogs aínda que tamén permite ter páxinitas. Moi sinxeliño eh, eu instaleimo, xoguei algo con él e parece moi facilito. Algún erro ten, pero será cuestión de pelexar con él. A versión básica é monoblog, aínda que multiusuario, pero creo que tamén hai por internet a versión multiblog e plugins e cousas para facelo máis avanzado e.. bueno, o típico, mil caralladas.

Poño os enlaces:
– wikipedia: (ir) , ahí xa tendes máis enlaces tamén eh
– planeta wordpress: un site con instruccións moi facilitas para darlle ó tema. Un señoriño mexicano, Mario Nuñez, que nos pon isto dispoñible para que aprendamos (ir)
– site oficial: (ir)
– traducción de wordpress ó castelán, catalán … a ver si alguén o traduce ó galego 😦 (ir)