AppServ Open Project

–> migrado dende o vello vaitraballar

¿Qué é AppServ Open Project?. Pois trátase dunha cousa que fixo un homiño moi xeneroso e que se resume en arrexuntar php+mysql+apache web server+phpMyAdmin e facer uns executables que cho instalan todo no teu pc sin ter que facer nadiña, así, maxia. E xa che queda todo instalado e furrulando. Home si xa tiñas algúns dos productos por separado instalados igual che da problemas e xa non sae a cousa tan redonda, pero eu instalei dende cero, sin ter nada disto previamente no pc e xenial eh.

E diredes, ¿e pa que quero eu semellante cousa?. Pois si queredes instalar calquer cousiña, que necesite ir tirado nun apache(véxase drupal, por exemplo), ou si queredes programar algo en php, ou si queredes ter unha bd en mysql e administrala fácilmente (phpmyadmin).. pois iso..

Bueno, eu son totalmente profano e igual dixen algunha burrada, os expertos perdoade eh.. A verdade que logo de ter esto hai mil historias que se poden instalar por enriba.

Veña, si queredes investigar e xoguetear, aquí tendes o enlace (ir)

Ajax por ZK

<< pasado dende o vello vaitraballar >>

Outro “framework” Ajax, si se lles pode chamar así, claro ;-). Ten boa pinta pero haberá que profundizar para coñece-lo bicho, je,je. O seu emblema: “Ajax but no JavaScript”, cando menos promete eh. (ir)

Logueando con Log4j

Cando estás escribindo unha aplicación informática, inevitablemente chocas de frente cunha característica tan humana, que te acompaña sempre ó longo da túa existencia: o erro. E cando aparece, anda a volverte loco por onde peta o trebello. Entón, empezas a engadir mensaxiños para revisar “por onde pasa e por onde non” o teu programita cando funciona. Outras veces, non só che interesa reseñar erros, senón calquer circunstancia anómala ou informativa. Pois Log4j é para iso, para deixar rastro do que sucede coa historia que te inventaches e logo poder estudiar/amañar os problemas.

Ahí van os enlaces:
· páxina oficial (ir);
· manualillo chorras pero interesante para empezar en javahispano (parte 1), (parte2), estes de javahispano, non sei porqué, picas neles e non funcionan directamente. Recargade a ventana e xa saen.
· manualillo interesante en castelán coas descripcións dos appenders (ir).

Hai que dicir, que aínda que o que conoce todo quisqui por ahí é o log4j, o proxecto enmárcase nun proxecto de logging de maior envergadura de Apache, que ten subproxectos non só para java, senón para php, .net, perl, etc. (ir)

SchemaSpy

Bueno, isto é a caña eh. Trátase dunha “utilidade” (si se pode chamar así), que parametrizas para conectarse á túa base de datos, e sácache un html cun montón de información sobre ésta: taboas que tes, vistas, constraints, gráficos de relacións entre as taboas, bueno.. a cañita. E un .jar, que te podes baixar e cunha sinxela configuración e lanza-lo desde java, xa che saca todo iso que vos dixen. Bueno, poño o enlace á páxina e ós exemplos. Teño que confesar que eu non o provei aínda, pero en breve sabrei algo da movidita. O que esta claro é que si fai o que promete, buff. Menudo alivio iso de chegar, non ter nin idea dunha bd, nin documentación nin nada, e que corras un jar e che saque unha documentación así, caidiña do ceo eh.
Veña, cando sepa si tira ben, xa engaderei un comment. Bicos.

Concha Buika: Mi niña Lola

Non coñecía nada desta muller, pero vin o vídeo do tema “Mi niña Lola” e flipei. Esta mallorquina de orixe guineano (sí, falo desa Guinea que colonizou no pasado España), canta este tema que sona a copla de toda a vida (na miña ignorancia non sei si o é), pero con tintes jazz e afro. A caña eh… Só escoitei este temita e quedei encantado. Intentarei comprar o disco completo a ver si se confirma que non se trata só dun temazo aillado. Si queredes ve-lo vídeo que a min me encandilou, (ver en terra).

I want a Freeware Utility to…

Pois traducido … “Quero unha utilidade gratuíta para …”… mil cousiñas, pasar un ficherito a pdf, convertir a mp3 ou de mp3, ou para o que sexa …

Pois esta web que enlazamos por aquí, aínda que cun aspecto supercutranga, ten iso, unha colección moi ampla de utilidades gratuitas. Votádelle un ollo, porque pode ser que vos quite de máis de un apuro 😉

ver