mapas, itinerarios, etc

¿Quen non necesitou saber onde está a rúa “Pepiño Grilo” ou cómo se vai a Vichocuntín?. Cajiná, vaia desesperación !!, buff.. pois preguntalle a Perico, que é de Noia e cae cerca de Cantalarrana, ou mellor ó pai da moza de Manolo, que é taxista e conoce tódalas calles ..

Bueno.. que é un coñazo. Pero chegou internet, e con ela as webs para conseguir rueiros (ou callejeros, como lle queirades chamar eh), e os itinerarios e os mapas e a caña de España en verso asonante. E como eu sempre me esquezo de onde metin as direccións destas maravillosas utilidades, vounas poñer aquí, para uso e desfrute da comunidade:

Os clásicos: michelín, campsa
A caña: map24
outro: la netro

todos teñen a súa utilidade eh.. pero o de map24 é a recaña eh.. Veña, bicos.

Música: Festival Mozart

Miñas donas, meus señores…, si están vostedes por A Coruña e vos mola o temita da música clásica, sabede que se celebra na cidade das patacas Bonilla o Festival Mozart tódolos anos. Os xa relacionados có tema en particular xa saberedes do que falo e, ós que non sepan da historia, pois é unha boa forma de ter unha primeira toma de contacto. Este ano, houbo algún recital gratuito na Colexiata de Santa María e ainda hai un máis, tamén pola geta, no Museo de Belas Artes (29 de Xuño). Dura ata o 2 de Xullo, así que si vos interesa, espabilando. Mais información na web do festival (ir)

Calexico, un grupillo interesante

Pois si señoras e señores, topeime cun grupo moi interesante: “Calexico“. Teñen un estilo superpeculiar eh.. marichi mezclado con country americano .. a caña, je,je. Póñovos o enlace ó site oficial (ir). Ahí xa tendes algunhas cancións que podedes escoitar na zona mp3. Pero logo ten enlaces a un site onde colgaron 2 concertos destes artistas e que podes baixarte os mp3, escoita-los na propia páxina, bueno.. que se sale. Xa vos poño os enlaces a estas páxinas directamente, para que non teñades que matarvos buscando eh 😉 : Calexico Live at Satyricon on 1998-06-14 (June 14, 1998) e
CalexicoCalexico Live at China Theater on 2003-04-25 (April 25, 2003)

Veña, pois a escoitar i ¡¡¡ andele manitoooo!!!!