Vento

– Non me soples na cara!!!
– É o vento.
Con esta serenidade respondía María cando alguén lle reprochaba a súa fea costume.
Era unha muller afable de mediana idade. Vivía nun pequeno piso dun barrio nas aforas da cidade e levaba unha vida sinxela e tranquila coidando do seu marido e os seus netos. Sabía disfrutar da compañía dos seus e as cousas máis simples a facían feliz.
O marido chega do traballo, o seu rostro mostra a dureza da vida pasada… os cinco anos que lle quedan para xubilarse fánselle longos.
– Estou canso… canso de madrugar, de pelexar co xefe…
María déixao falar pero dalle moita pena que o home se sinta tan abatido… unha trasnada ven á súa cabeza:
– María, non me soples na cara!!!
– É o vento, respondeu ela coa serenidade de sempre.
O home esbozou un sorriso. Ao rato estaban os dous ceando e comentando animosamente as pillerías dos netos daquela tarde.
O mesmo facía María cos seus fillos, cos veciños, e con todos os que se lle achegaban a contar os seus problemas, a sorpresa do aire na cara acababa convertíndose nun sorriso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: