Un día pola mañán decidimos ir ata a zona dos Picos de Europa(1) e (2). Pillamos a autoestrada Gijón-Santander e, preto de Ribadesella, desvío para a zona de Covadonga-Picos de Europa.
A zona é natureza pura, xa de camiño te decatas. Hai pobiños e tal, pero moi ben conservados e existe unha clara orientación hacia os deportes ó aire libre como a equitación, o sendeirismo, o ciclismo de montaña e os descensos polo río Sella (o famoso descenso do Sella). Deume a impresión de estar moi ben para iso, para ir unha semana en plan casita de campo, sin preocupacións e aproveitar para facer algo de deporte variado ó teu rollo. Apetecible si.
Chegamos a Cangas de Onís (1), (2), (3) e (4). Demos un pequeno garbeo en coche, pero non paramos moito, polo que non vos podo dar unha impresión moi certeira da vila, pero non tiña mala pinta. Nós seguimos hacia Covadonga e os Picos.
E chegamos. Primeira escala: Covadonga (1) , (2) e (3). Visita á basílica da Nosa Señora de Covadonga, que cando menos, con esa cor vermella resulta curiosa. Moi chula, arquitectónicamente falando e, enmarcada no entorno natural no que está aínda mellor. Pois iso, un pequeno momento de reflexión e oración e seguimos. Xusto en frente, unha capilliña, A da “Virgen de la Cueva” (unha das fotos) montada sobre unha gruta, que debaixo ten a cascada que nos días de choiba, como no que fomos, leva auga a montóns e fai un ruxe-ruxe xenial. Visitámola, pillounos misa e alí quedamos.
Xa andaban as tripas ruxindo, polo que fumos de paparota. Baixando pola carretera que vai dende Covadonga a Cangas de Onís, hai mil restaurantes onde parar. Nós escollemos un que tiña unha pinta bastante enxebre, non me lembro como se chamaba, pero que tiña unha parte de “comedor” cun anexo enorme montado cunha carpa cuberta en plan as que se montan aquí nas vervenas dos pobos cando chove ;-D. Peroooo.. vai acerto señores.. ¡Cómo comemos!.. Había 5 primeiros a elexir, 5 segundos e varios postres, café, viño e pan.
Eu espeteille de primeiro “fabes con xabarín” (¡que delicia!) (1) e (2)
e de segundo lubina á espalda. Mimadriña, como quedei.. si me tiran a rolos, chego a Cangas de Onís en 2 minutos ;-P.
Logo de comer a visita-los Picos. Sube, sube, sube, por unha carreteriña angosta ata chegar a un mirador. Sube, sube, sube e pasas polo primeiro lago, o Enol. Precioso eh. Quixemos parar a velo pero non puidemos, porque pola beira da carretera non está permitido. Compreendoo totalmente. A opción era subir ata un aparcamento a uns 300 metros cunha cafetería enfrente e logo baixar camiñando, pero íamos mal de tempo e chovía algo así que seguimos para arriba. O segundo e último lago, o Ercina, queda moi cerquiña. Dese teño foto, como veredes abaixo. En resumen: un entorno natural moi fermoso. Iso sí, pola carretera subían moitos ciclistas o cal fixo que me lembrase do amigo Gonzalo.. je,je.. pensei.. seguro que o Gonzalo disfrutaba aquí coa súa super bici.. e logo, cando falei con el do tema, que seica xa o subira un par de veces ;-D, ¡ que envexa !, isto si que son homes, e non coma mín ;-P.
As miñas fotos:
Un enlace para ver fotos máis profesionais
Xa me lembro cómo se chamaba o sitio onde comín: El Repelao.